Recensión | A esmorga de Eduardo Blanco Amor

8 nov 2015

Título: A esmorga.
Autor: Eduardo Blanco Amor.
Páxinas: 115
Encadernación: Tapa branda con solapas.
Editorial: Galaxia.
Prezo: 12 €
Publicación: 1959
ISBN: 978-84-9865-321-2
Serie: ---

SINOPSE


Desde a súa publicación, en 1959, A esmorga, de Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897 - Vigo, 1979), está considerada unha das grandes novelas gallegas do século XX. Innovadora e perturbadora, conta a itinerancia de tres personaxes marixinais (o Castizo, o Bocas e o Milhomes) polas rúas dunha Auria envolveita na chuvia interminable. Vintecatro horas de narración veloz e inexorable, inzadas de tensión transgresora e absorvente. Una viaje á heterodoxía.


(3.5)

OPINIÓN

Este libro narra a crónica duns tráxicos sucedidos. Estamos, diante dunha acción, duns feitos que tiveron lugar na segunda metade do século XIX. Estes feitos son as derradeiras 24 horas vividas por Cibrán Canedo en compañía do Milhomes e o Bocas, dous coñecidos esmorgantes da cidade de Auria. A acción vai desde o encontro inicial dos tres homes ata o momento en que, mortos o Bocas e o Milhomes, Cibrán é atopado, ferido, por uns varredeiras.
Durante toda a novela, narra Cibrán, mais podemos ver cómo hai uns guións valeiros, que é cuando fala o xuíz que toma declaración ao Castizo. Só podemos deducir as súas preguntas polo que responde o home.

A novela está estructurada da seguinte maneira: primeiro, temos a documentación na que o narrador-autor explica cales son os materiais empregados no seu proxecto. Segundo, temos o corpo da novela. E por último, nas liñas finais volve aparecer a voz do narrador-autor para darnos noticia dos últimos momentos vividos por Cibrán.

A esmorga artéllase como un conflito, unha denuncia social. Denuncia da actitude dunha xustiza absolutamente distante dos máis desfavorecidos e completamente xorda ás peticións de piedade por parte destes, denuncia da brutalidade das forzas da orde que só contemplan a represión como forma de conduta, e denuncia da opresión lingüística, da actitude antipopular da burguesía e mais da decadencia dos fidalgos.

En canto aos personaxes, temos catro principais:

 - O xuíz: É o primeiro personaxe que aparece no texto. Estamos diante dun xuíz ausente, xa que nunca escoitamos as súas preguntas. O feito de que non se transcriban as preguntas que formula determina que permanecemos nunha atmosfera opresiva, porque sabemos que diga o que diga, Cibrán está condenado.

- Cibrán: É o narrador-protagonista da novela. Forma parte das clases máis humildes e que só con moitas dificultades parece cobrar conciencia da súa condición social. Hai momentos da novela, nos que semella que Cibrán sería quen de tentar unha nova vida canda a muller coa que vive, a Raxada, e do fillo de ambos, Lisardiño. Logo, se desata o conflito moral entre o que él interpreta que debería facer, actuar e a forma na que realmente se conduce.  

- O Milhomes e o Bocas: Desempeñan un papel secundario, xa que o que coñecemos deles é a través de Cibrán. Semella que asumen a traxedia como algo natural nas súas vidas. Dobremente marxinal - pola condición de homosexual nunha sociedade homófoba -, a única actitude vital do Milhomes consiste en fuxir arreo cara diante ata que só a morte os deteña a el e mais ao seu camarada de esmorga.

Na miña opinión, A esmorga é un bo libro, mais se fixo un pouco pesado polo vocabulario utilizado. Igualmente, enganchoume moito, de tal maneira que o rematei en menos dunha tarde. Gustáronme moito os personaxes, aínda que non me gustou tanto o ambiente polo que se moven.
Non é unha novela pola que diga que a recomendo cegamente, mais si que é unha boa lectura se te interesa saber un pouco máis dos clásicos da literatura galega. Ademáis, un galego se non leu A esmorga, non é un bo galego.


No hay comentarios:

Publicar un comentario